No anterior podcast deixamos este percorrido pontevedrés na praza de Méndez Núñez. Proseguimos así o traxecto cara á praza do Teucro, a que pasa por ser a máis señorial da cidade. Apuntadas as súas referencias, retómase o roteiro xacobeo para tomar o desvío ata a praza da Cinco Calles, emprazamento de reminiscencias literarias.
De volta ao tramo urbano do Camiño de Santiago, outra parada na fachada fluvial de Pontevedra para coñecer a praza Valentín García Escudeiro e a praza do Peirao que nos falan do principal porto galego durante os séculos XV e XVI e de Colón.
'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).