Se sumamos idades nestas Conversas na Ferrería seguramente resultaría a cifra máis elevada das mantidas. Pero, con toda seguridade, congregamos ás almas máis novas que pasaron polo programa.Aproveitando a iniciativa que Afundación e a Fundación Xeral CSIC están a ofrecer este mes de marzo co título 'A vivir que son cen anos' para abordar o envellecemento saudable e a lonxevidade convidamos ás Conversas na Ferrería a catro das usuarias do Espazo +60 Afundación de Pontevedra.
Fidelina Gómez Rancaño foi funcionaria administrativa e participa en actividades de inglés, pilates e pandeireta. Pepy González Clavijo foi mestra, segue sendo escritora e acode ao centro +60 para as participar en gimnansia e exercer de voluntaria no programa Falamos da Escola. María del Carmen González Lantaño tamén foi mestra e é voluntaria do programa Fálame da Emigración e monitoria voluntaria de conversación en inglés. Completa a charla Pilar Braga Crespo, que estudou Maxisterio e conta que "me falta moitísimo para xubilarme" xa que segue atendendo á súa familia.