Conversas na Ferrería #53: Talento pontevedrés no Reino Unido

Radio
25 de maio 2017
Actualizado: 27 de novembro 2024

Estudantes do Instituto Sánchez Cantón resultaron finalistas nos prestixiosos premios TeenTech. Son os primeiros alumnos non británicos en participar.

Conversas na Ferrería #53: Talento pontevedrés no Reino Unido /
Conversas na Ferrería #53: Talento pontevedrés no Reino Unido
Conversas na Ferrería #53: Talento pontevedrés no Reino Unido

O próximo 26 xuño unha delegación de alumnos e profesores do Instituto Sánchez Cantón viaxan a Reino Unido para participar na final dos Premios TeenTech. Por primeira vez na historia destes galardóns están presentes uns estudantes non británicos. O seu talento viaxa ao estranxeiro e xa conseguiron o financiamento necesario para ese periplo como contan nas Conversas na Ferrería. Benito Búa e Lourdes García, profesores que tutelan estes proxectos; e Carlos Argibay e Nuria Sueiro, dous dos talentos de 1º de Bacharelato e 3º de ESO do Sánchez Cantón.