Os cinco convidados nestas Conversas na Ferrería déixannos moi interesantes reflexións sobre a violencia de xénero. Abordamos este gravísimo problema social desde o punto de vista educativo; o que achega Rubén Torres, doutor en Educación, psicopedagogo, profesor e autor dunha tese sobre a "Construción da masculinidade na adolescencia". Desde o punto de vista da publicidade, que expón Ismael Calvo, director creativo de Ovo Publicidade, a empresa da que saíron as últimas campañas de concienciación do Concello de Pontevedra. Desde o xornalismo, que ofrece a compañeira de PontevedraViva, Natalia Puga. E desde o ámbito social e feminista que expoñen Vicky Estévez, presidenta do recentemente creado Colectivo Feminista de Pontevedra e Carmen Cajide, presidenta da Rede Provincial de Pontevedra pola Igualdade.
Conversas na Ferrería #30: 25N. En que estamos a fallar?
Radio
24
de novembro
2016
Actualizado:
27
de novembro
2024
En que estamos a fallar contra a violencia de xénero?
Máis novidades