O pasado outubro a Instrución "Ad resurgendum cum Christo" da Congregación para a Doutrina da Fe, foi motivo, cando menos, de moitos debates. A prohibición por parte do Vaticano de esparcir a cinzas dos defuntos, conservalas en casa, dividilas ou convertelas en pezas de xoiería, etc...puxo en cuestión a decisión final dos familiares: seguir as instrucións da Igrexa ou as da persoa falecida. Nestas Conversas na Ferrería falamos con Carmen Fouces, concelleira delegada de Cemiterios en Pontevedra e con Fernando Gutiérrez, xerente de Alianza e Barros. (PontevedraViva Radio contactou con diversos sacerdotes para facer extensiva a invitación para participar, pero en todos os casos escusaron a súa presenza).
Conversas na Ferrería #27: Que facemos coas cinzas?
Radio
03
de novembro
2016
Actualizado:
27
de novembro
2024
Que facemos coas cinzas?
Máis novidades