Un día antes de que a empresa Lozano presente os carteis da próxima Feira da Peregrina as Conversas na Ferrería volven ao modo taurino. Contamos cos tres habituais afeccionados deste faladoiro, Alejandro Calvo, RaúlMartínez e Juan Riveiro. Non é a primeira vez que nos metemos en faena facendo a nosa quiniela sobre a conformación dos dous carteis cos que se fará o ciclo pontevedrés. Todo quedará despexado este sábado 29 cando se presenten oficialmente estes carteis ás 12.30 horas no Liceo Casino e ademais pola tarde, organizado pola Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra celebrarase na praza de touros unha becerrada apartir das 19.00 horas.
Foto: Mónica Patxot