O próximo 29 deste mes a empresa Lozano Irmáns dará a coñecer os carteis da Feira taurina da Peregrina 2023 nun acto que comezará ás 21.00 horas no Liceo Casino. Unha convocatoria na que tamén estarán presentes dous toureiros: un xa retirado dos ruedos, Juan Antonio Ruiz Espartaco e Tomás Rufo. Acompañaralles como moderador o xornalista Vicente Zabala. Nestas semanas preliminares de preparativos, dous dos representantes da casa taurina, Luís Manuel e Pablo Lozano, acompañáronnos en PontevedraViva Radio. Con eles dous representantes tamén da afección pontevedresa, Raúl Martínez, tesoureiro da Pena Miura e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Peñas Taurinas.
Unha das novidades para esta edición será a celebración dos dous festexos en dous domingos consecutivos, o 6 e o 13 de agosto. Aínda que falamos de touros, facemos quinielas. Unha aposta segura é Roca Rey para o 6 de agosto, así como a presenza de Julián López 'o Juli' que este ano celebra o seu 25 aniversario de alternativa e a de Tomás Rufo. Apostamos por Morante, Castella - triunfador de San Isidro - e por Talavante.
E sacamos un compromiso para a afección pontevedresa: unha presentación de cinema nesta cidade, cal?, cando?, de quen?... non che imos a facer spoiler, escoita este podcast.
Foto: Mónica Patxot
(Tema musical utilizado no podcast interpretado pola Banda da Escuela Municipal de Música de La Alberca de Záncara)