O verde é a cor da esperanza e mellora o benestar. Nesta época do ano as plantas aumentan o estado de ánimo. E ademáis un estudo da NASA, a Axencia do Espazo Americana concluíu que hai unha variedade de plantas de interior que teñen a capacidade de purificar o ar. Así que pon unha planta na túa vida.
Esperanza Otero e Ángela Ogando son dúas novas empresarias pontevedresas. Abriron un primeiro negocio nos exteriores da Praza de Abastos dedicado á venda de sementes, plantas de horto e alimentación natural para mascotas. Nese establecemento viron que había un nicho de mercado na planta de interior e nelas centraron 'Plántate' na céntrica Oliva. Clara Redondo, compostelá, foi durante o confinamento de 2020 cando descubriu o seu lado 'plant lover'. Hoxe é creadora de contidos, plant shopper e recoñecida como plantitiscronica.
Falamos con elas dos beneficios de coidar plantas na túa casa ou ter no traballo... e como facer que non as deixes esmorecer.