Catalina González Bea foi alcaldesa de Sanxenxo co Partido Popular entre 2006 e 2015 e concelleira desde 1995. José Luis Poceiro Martínez estivo na política municipal outros vinte anos, nas filas do PSdG-PSOE. Catro como concelleiro e dezaseis como alcalde de Vilaboa hasta 2019. Este outubro o alcalde de Poio, Luciano Sobral, anunciaba publicamente a súa decisión de non volver presentarse ás eleccións polo BNG. A súa primeira acta de concelleiro obtívoa en 1979, en 1995 chegou á alcaldía onde continúa 27 anos despois.
Reúnense para falar das súas vidas despois de anos nunha alcaldía e enchen o estudio de anécdotas, experiencias e de plans futuros. E para ti, dunha charla absolutamente amena.
Fotografía: Mónica Patxot.