Conversas na Ferrería #211: Galaico Sincro e un dúo mixto campión

Radio
16 de xuño 2022
Actualizado: 27 de novembro 2024

Falamos do Club Galaico Sincro e do primeiro dúo mixto en Galicia: Clara Maquieira e Iván González.

Conversas na Ferrería #211: Galaico Sincro e un dúo mixto campión /
Conversas na Ferrería #211: Galaico Sincro e un dúo mixto campión
Conversas na Ferrería #211: Galaico Sincro e un dúo mixto campión

O Club Galaico Sincro de Pontevedra concluirá en xullo a súa tempada máis difícil polo peche da piscina de Pontemuíños. Recapitulamos sobre este exercicio no que tamén conseguiron presentar un dúo mixto alevín a un campionato. Un logro pioneiro na natación sincronizada galega.

Falamos co presidente do Club, Pepé Maquieira; a directora técnicaDiana Fernández e tamén participan os dous protagonistas: Clara Maquieira e Iván González. Para Iván, de dez anos, este foi o seu primeiro ano na natación sincronizada; Clara, de doce anos, practica este deporte desde os cinco.

Abordamos ademais a presenza masculina na natación sincronizada e preguntamos polas súas perspectivas para a seguinte tempada.

Fotografía: Mónica Patxot.