A práctica do culturismo ten os seus partidarios e os seus detractores e se o seu exercicio refire á muller, en maior grao. Falamos con dúas delas. Sara Lamas é de Ponte Caldelas, en 2017 foi nai e quixo volver poñerse en forma fisicamente. No ximnasio entrou en contacto co culturismo e a través deste coa que hoxe é a súa adestradora, Verónica Bastos. A súa primeira competición federada foi en 2021, á que seguiron ese ano outras dúas máis, colgándose metais.
Verónica Bastos é das Neves, comezou en 2011 tamén a través do ximnasio. Un ano despois empezou a competir. Nestes anos foi campioa galega dúas veces, campioa de España en 2017, ten varios podios internacionais e segue traballando para conseguir "a tarxeta profesional". Ambas teñen actualmente o obxectivo posto no mes de outubro cando se celebrará o campionato nacional en Alacante.
Fotografía: Diana Eiras.