A comedia teatral 'O electo' (Contraproducións e Focus) pechaba este xoves a súa xira na cidade de Pontevedra e dábanos a oportunidade de manter unha distendida charla cos seus dous protagonistas: Antonio Mourelos e Fernando Coronado xunto ao seu director Cándido Pazó. Falamos sobre esta comedia, os seus transfondos, as vivencias dos seus protagonistas nesta xira, de actualidade, dos seus proxectos e intencións futuras e atención que hai sorpresa.
(O pequeno extracto musical é de Manuel Riveiro, a quen correspone a música de 'O electo')