Entramos no entroido e miramos cara a estas citas festivas e os seus protagonistas. Florencio Chantrero e Rosa Filgueira son membros da Asociación Recreativa de Xeve, colectivo que este venres 21 encargarase de ofrecer o pregón e que preservan a reiterada pregunta que todos nos facemos por estas datas: que disfrace elixiría Ravachol para gozar destas festas?. Nesta primeira convocatoria do entroido tamén estará Amoriños de Bora para recibir unha homenaxe ante o que será o seu último ano como comparsa. Acompáñannos Manolo e Borja Corbacho e Nuria Paz.