Conversas na Ferrería #170: As receitas das avoas e o CIFP Carlos Oroza

Radio
09 de xaneiro 2020
Actualizado: 27 de novembro 2024

O CIFP Carlos Oroza participa no proxecto 'Los Recetarios' de catro xornalistas gastronómicas.

Conversas na Ferrería #170: As receitas das avoas e o CIFP Carlos Oroza /
Conversas na Ferrería #170: As receitas das avoas e o CIFP Carlos Oroza
Conversas na Ferrería #170: As receitas das avoas e o CIFP Carlos Oroza

O pasado verán, catro xornalistas gastronómicasAna Vega - Premio Nacional de Gastronomía -, Helena VaelloGabriela Lendo e Carmen Alcaraz decidiron promover a recompilación do receitario español. Esas antigas receitas que as xeracións de maior idade, tiñan escritas ou tiñan aprendidas e levaban aos fogóns. Unha idea á que chamaron Los Recetarios.

profesor de Cociña e Pastelería do CIFP Carlos OrozaRicardo Fernández Guerra, ao coñecer o proxecto non dubidou en levalo á súa aula. Cinco alumnos de forma voluntaria recolleron a testemuña e mergulláronse nas tradicións culinarias familiares, do mesmo xeito que o propio profesor. Comparten a súa experiencia: Lara Sanmartín RodríguezClaudia Espinel Castrillón e Aitor Martínez Blanco, alumnos de Segundo de Dirección de Cociña.