Conversas na Ferrería #159: 33ª Campaña Antártica

Radio
26 de setembro 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

33ª Campaña Antártica do Exército de Terra.

Conversas na Ferrería #159: 33ª Campaña Antártica /
Conversas na Ferrería #159: 33ª Campaña Antártica
Conversas na Ferrería #159: 33ª Campaña Antártica

Exército de Terra completou este mes por quinto ano consecutivo, no Grove, a fase de prácticas de navegación previas á Campaña Antártica 2019-20. Nesta trixésimo terceira Campaña participan trece militares que prestarán apoio aos investigadores que desenvolven alí os seus proxectos científicos

Charlamos co Comandante Joaquín Núñez, xefe desta Campaña que partirá aproximadamente o 5 decembro; coa Capitán Veterinaria Marina Sánchez e co Sarxento Primeiro Tomás Zamora, da área de Instalacións. Tamén está presente o Comandante da Brilat, Roberto Domínguez. (A Brigada Lixeira Aerotransportable de Pontevedra colabora co contixente desprazado ata O Grove).

"É algo que custa crer - sinalan - pero o que se fai medioambientalmente en Pontevedra tamén afecta á Antártida". Para iso, a Campaña Antártica tamén desenvolve un intenso labor de divulgación.