O afeccionado. Eses miles de persoas que acudiron á Feira Taurina da Peregrina nesta recentemente concluída edición de 2019 son os triunfadores da mesma a criterio dos participantes neste segundo faladoiro taurino. Pepé Maquieira, xestor da web Taurophilos; Raúl Martínez, membro da peña Miuras, Guillermo Juncal, membro da peña Que Dios reparta suerte e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra, apuntan ademais a sobresaliente resposta que tivo a Bancada Nova. Expoñen as súas opinións sobre trofeos, faenas, ganderías e situacións varias que se viviron no coso de San Roque.
Tamén participa Chapu Apaolaza, portavoz da Fundación Toro de Lidia, quen entre outras cuestións responde sobre as consecuencias de proferir insultos, calumnias ou incitacións ao odio a través das redes sociais contra aquelas persoas relacionadas ou afíns á tauromaquia.