Conversas na Ferrería #146: Club Artes Marciais Inclusivas O Mirador

Radio
13 de xuño 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

Club Artes Marciais Inclusivas O Mirador.

Conversas na Ferrería #146: Club Artes Marciais Inclusivas O Mirador /
Conversas na Ferrería #146: Club  Artes Marciais Inclusivas O Mirador
Conversas na Ferrería #146: Club Artes Marciais Inclusivas O Mirador

O pasado abril quedará marcado no devir do Club de Artes Marciais Inclusivas O Mirador de Monte Porreiro. Marcado grazas ás trece medallas que os seus deportistas conseguiron no Campionato de España de Artes Marciais Inclusivas celebrados en Córdoba. Os medallistas foron Álvaro Sáenz, Nacho Carballo, Sergio Oubiña, Leonardo Hermida, Francisco Javier Castro e Alejandra Argibay.

proxecto xurdiu en 2015, cando Santiago Malvar, tras concluír a súa traxectoria como deportista de parataekwondo propúxose "tentar facer algo pola inclusión". Durante dous anos estivo inmerso nun intenso traballo de campo do que obtivo o primeiro regulamento inclusivo en KSC (Korean Semi Contact). Contactou con Amizade e coa Asociación O Mirador de Monte Porreiro, cuxo presidente, Carlos Diéguez, o é tamén deste Club. Así en 2017 a iniciativa faise realidade e persoas con disfunción física ou sen ela, practican conxuntamente o KSC.