Paula Ferradás Maneiro, Julia Carro Tomé, Hugo Vázquez Fuentes e Breogán Fariña Fernández son alumnos de sexto curso de Primaria e de primeiro curso de ESO do Colexio Sagrado Corazón de Placeres. Todos eles clasificáronse, entre uns cen mil, para a final española do Concurso Pangea. O interese que evidencian polas matemáticas é resultado da formulación docente que aplican profesores como Gaspar Antelo.
Pangea é unha convocatoria anual para centros educativos na que realizan probas das distintas disciplinas matemáticas. Este pasado xoves día 6 facíanse públicos os gañadores desta edición de 2019 e aínda que os seus nomes non están nesa listaxe, a súa consecución e mérito é sobresaínte.