Paula Suárez, Luis Miguel Alonso, Antón Prieto y Daniel Seijo son os catro eurofans de Eurovisión que comparten charla esta semana con motivo da 64 edición do Festival cuxa final terá lugar o sábado 18 en Tel Aviv, Israel.
Profundos coñecedores da historia e as intrahistorias do veterano concurso europeo, tamén fan as súas previsións sobre os resultados cos que concluirá Eurovisión. Daniel Seijo aposta por Holanda, Rusia e Acerbaixán; Antón Prieto prioriza nos seus gustos Italia, Portugal, Francia e Holanda; Luís Miguel Alonso coloca nos seus favoritos a Australia, Suecia, Islandia e Suíza; e Paula Suárez ten nas súas quinielas a Holanda, Islandia e Suecia.