Está a escena musical preparada para a paridade? Esta foi a máxima de partida dun dos encontros técnicos celebrados os recentes 21 e 22 de marzo no marco do programa de iniciativa municipal Cabos Soltos.
Durante o seu desenvolvemento analizouse se o sector ten un punto de partida igualitario para mulleres e homes ou se toca repensar as prácticas actuais e establecer estándares de igualdade de xénero dentro desta industria en España. Participaron Arancha Estévez, xornalista especializada en cultura; Almudena Heredero, directora do Primavera Prol; Susana Laya, codirectora do Atlantic Fest e Marcela Sanmartín, programadora, creadora de contidos, Premio de Honra da Música Independente ( MIN) e unha das fundadoras de MIM, Mulleres da Industria da Música.