A asociación ASAMPO súmase á conmemoración do Día Internacional do Voluntariado cunha actividade aberta e gratuíta o vindeiro venres, 6 de decembro, na Praza da Peregrina.

En colaboración con Protección Civil Pontevedra, o Concello de Pontevedra e panadería ADevesa, convida a chocolate con rosca até esgotar existencias.

A cita será de 10.00 a 13.00 horas.

ASAMPO é a asociación encargada de organizar a Pontevedrada, a marcha polo Camiño Portugués ata Santiago de Compostela para sensibilizar sobre a importancia de doazón de órganos.

Praza da Peregrina

Máis eventos

Ver máis eventos