Charla didáctica 'A mensaxe dos aparellos de pesca', por José Manuel Rosas Otero
Engadir ao meu calendarioEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
O Museo de Pontevedra acolle unha charla didáctica para todos os públicos sobre as artes de pesca e a súa evolución a través da cultura mariñeira galega, a cargo do patrón maior de Bueu, José Manuel Rosas Otero.
Será o venres 10 de xaneiro ás 17:00 h no Edificio Castelao (Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, Pontevedra).
Esta actividade é o colofón á exposición 'José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis', que se clausurará o vindeiro 19 de xaneiro no Museo de Pontevedra.
Trátase dunha mostra antolóxica do pintor bueuense José Benito Otero Baena (1925-2017) composta por arredor de 40 óleos e debuxos procedentes do Museo Massó e de coleccións particulares.
Neles pódese apreciar como o artista foi desenvolvendo un estilo persoal e unha linguaxe propia, baseada na importancia da cor.
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Café Moderno, Pontevedra
Casa das Campás, Pontevedra