Como levan nenos, nenas e familias as clases e tarefas desde casa? Estaba o sistema preparado para o ensino virtual? É correcta a decisión de Goberno e autonomías de finalizar o curso en xuño? Que facer coa brecha tecnolóxica e de recursos para educar entre unhas e outras familias? Que opinan os máis pequenos, que tras un mes de crise de Covid19 seguen sen poder saír á rúa?
Análise con Enrique Roca, presidente do Consello Escolar do Estado, con Leticia Cardenal, da Confederación Española de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos ( CEAPA) e con Fernando Trujillo, profesor de Educación da Universidade de Granada e coautor do estudo “Escenarios de avaliación no contexto da pandemia por Covid-19”, co psicopedagogo, pensador e debuxante italiano Francesco Tonucci e co escritor e pai de tres fillas Isaac Rosa.
Como prostre moi especial, Silvia Pérez Cruz actuará no festival doméstico “Tocad, malditas”.