Carne Cruda celebra o día da república cun dos seus máximos defensores: Julio Anguita. Entrevistan ao histórico líder do PCE Esquerda Unida, primeiro alcalde comunista dunha capital en España e referente político da esquerda, co que falan da xestión da crise do coronavirus, o papel do Goberno e a oposición ou a posibilidade de reeditar os Pactos da Moncloa e de república.
Ademais, nova entrega do noticiario: as “No Corona News” con Merche Negro, que cada día atopa na prensa as outras cousas que seguen pasando. De sobremesa, un novo directo do festival doméstico “Tocad, malditos”, co cantautor Luís Pastor, que acaba de publicar novo disco, “La paloma de Picasso”.