O campesinado dixo basta. As manifestacións sucédense polo país esixindo unha maior protección #ante a caída de prezos para os produtores agrícolas e gandeiros e a imposibilidade de facer fronte aos custos que supón.
Entrevista a Montse Cortiñas, vicesecretaria xeral da Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros, a integrantes do colectivo estremeño 25 de marzo, Asociación de debate político desde unha perspectiva rupturista e a Alberto Garrido, Catedrático de Economía e Política Agraria da Escola Técnica Superior de Enxeñería Agronómica, Alimentaria e de Biosistemas, da Universidade Politécnica de Madrid.
O programa complétase co Planazo do Sr. Sanabria que nos trae as mellores recomendacións literarias, cinematográficas e musicais do panorama musical.