O 25 de xaneiro celébranse os Premios Goya, os galardóns que reparte a Academia de Cinema, xa no seu XXXIV edición. E para celebralo Manu Piñón, colaborador de Sesión Continua, xuntou unha repartición de cinema protagonizado polas películas máis destacadas desta edición dos cabezones e algunhas das persoas que as fixeron posibles.
Para comezar, Julieta Serrano, actriz da aclamada cinta “Dolor y Gloria” de Pedro Almodóvar. Un dos nomeados a Mellor Actor Revelación é Santi Prego, o actor que reencarna a Francisco Franco na película “Mentres dure a guerra”. Para pechar o festín cinematográfico, as obsesións fílmicas de Isa Calderón que conta que sente ao entregar un Premio Feroz a Pedro Almodóvar.