Son os 'ofendiditos' a nova ameaza para a liberdade de expresión? Invádenos unha onda de neopuritanismo? Vivimos o triunfo da corrección política, a censura, a autocensura? Ou seica o que se está producindo é unha descualificación e ata criminalización da protesta? A escritora, crítica cultural e creadora de Deforme Semanal, Lucía Lijtmaer escribiu un ensaio que pode ofender a moitos: 'Ofendiditos. Sobre a criminalización da protesta' onde explora quen exerce a verdadeira ameaza á liberdade de expresión as minorías, as feministas, os ofendiditos ou o poder político e lexislativo?
Non ofende, nin dana, nin fere o novo traballo dunha das bandas máis poéticas do indie: McEnroe volve coa distancia, un disco que corta con 'o sabre da beleza' o espazo e o tempo que nos afastaba.