Novo programa dedicado ás vítimas de ETA e os GAL da man da obra de teatro 'Viaje al fin de la noche' de María San Miguel que se realiza no Teatro da Abadía de Madrid. Contan coa participación de María Jáuregui, filla de Juan Mari Jáuregui, asasinado por ETA e Axun Lasa, torturada pola Garda Civil, irmá de Joxean Lasa, secuestrado, torturado e asasinado polos GAL ou a Garda Civil.
O programa complétase coa entrevista ao grupo Capsula que nos presenta o seu último disco Bestiarium. Unha mestura marabillosa de garage rock e post punk.