Cando se cumpren 80 anos do final da Guerra Civil, unha investigación de Carlos Hernández revela a existencia de case 300 campos de concentración franquistas. Hoxe parece que nunca existiron, son páramos, estadios, templos ou mesmo hoteis onde someteron a traballos forzados e torturas centos de miles de españois.
Na sección de Consuma Crudeza, falan do impacto do turismo convencional de masas, pero tamén das alternativas sustentables que hai para viaxar, con Joan Buades, investigador especializado en turismo, globalización e cambio climático, autor de'Exportando paraísos. La colonización turística del planeta' o 'Do not Disturb Barceló'.. E Susana Conde, consultora, pioneira en turismo sustentable neste país, fundadora e directora de Greenspain e da axencia Agrotravel Turismo Responsable (a primeira con certificación en España).