Programa especial desde Gran Canaria con motivo do 18 aniversario de 'Canarias Ahora', o medio asociado ao diario.es
Entrevistamos a Rayco Pulido, Premio Nacional de Cómic 2017 pola súa obra 'Lamia' e a Ero Pinku, unha das debuxantes de manga máis importante do noso país e que triunfa co seu traballo en Xapón.
Ademais coñecemos o traballo que realiza a Asociación Ami-Risco, en defensa das veciñas e veciños que viven nos barrios elevados da illa de Gran Canaria, moitas veces en malas condicións e esquecidos polas autoridades.
O programa complétase coa música en directo do grupo canario Suárez DC. A banda do mítico músico canario José María Suárez.