Entrevistamos ao viñetista José Rubio “Malagón” con motivo da exposición “Código Malagón” na que percorre coas súas viñetas diferentes temas de actualidade diaria: política, economía, cultura, inmigración, ecoloxía, etc., analizando a sociedade de hoxe en día, sempre con humor. Un dos viñetistas referentes do noso país que traballa desde imaxes máis conceptuais e icónicas que se mesturan con viñetas de acedo humor, publicadas nos diferentes medios nos que se publica o seu traballo.
Ademais contaremos con Mercedes Peón, cantante e instrumentista galega, considerada actualmente como unha das voces máis importantes de Galicia. Presentaranos no noso estudo o seu novo disco, “Deixaas”.