Nunha semana marcada pola arte en Madrid, centrámonos nos grafitis, esculturas e intervencións rueiras que pasaron de ser ilegais a ser programadas nas cidades.
Okuda é un dos artistas máis cotizados do momento, desde a igrexa skater de Llanera ata decorar a casa de Alicia Keys as súas obras dan a volta ao mundo. Xunto a Rosh333 traballou, por exemplo, na estación de metro en honra a Paco de Lucía, recentemente estreada en Madrid. Falamos con ambos e con Nuria Mora artista que non só pinta muros, tamén intervén valos publicitarios, fai escultura, pinta acuarelas e traballa tecidos.
Para entender a arte urbana contamos co investigador e artista, Javier Abarca y a comisaria de arte Remedios Vicent que nos fala da mediación entre artistas subversivos que permanecen no anonimato Spy ou o colectivo Luzinterriptus coas institucións que os programan cada vez máis.
Ademais coñecemos máis sobre "La Caixa" nun novo episodio de Yo Ibextigo, a nosa sección conxunta coa Marea. Das relacións do terceiro banco do noso país coas altas esferas, desde o Opus Dei á Casa Real.