Viaxe de continente en continente con Revista 5W e o seu director, Agus Morais para entender as repercusións deste superaño electoral. Comezo en Taiwan con Inés Arco, investigadora de Cidob experta en Asia Oriental. En Estados Unidos e México coa xornalista Eileen Truax, especializada en política, migración e movementos sociais. En Europa con Carme Colomina, investigadora de CIDOB e coordinadora do informe 'O mundo en 2024', para contar as eleccións do próximo xuño no Parlamento Europeo.
E para completar novo episodio de 'Voces da terra', sección con Brigadas Internacionais de Paz. Esta vez poñen a atención en México para contar a historia dunha comunidade indíxena que gañou a primeira batalla a dúas empresas siderúrxicas e a morte do líder desta comunidade na loita pola defensa da terra.