Un ano máis Carne Cruda visita Bueu para facer o programa desde o Festival Internacional de Curtos, FICBUEU. Falan de 'Nación' de Margarita Ledo; un relato sobre a loita obreira das mulleres a través das historias de cinco traballadoras ás que despediron dunha fábrica de cerámicas e que loitan polos seus dereitos.
Tamén contan con Sonia Iglesias, animadora galega especialista en stop motion, participante en producións dirixidas por Wes Andersos ou Tim Burton e que está detrás dos personaxes de 'O Apóstolo' ou ' Metamorphosis'. Tanxugueiras pon a música en directo do programa. Completan cunha entrevista a Pablo Costas, o bueuense que pasou case un ano retido xunto á súa tripulación no porto de Iemen, acusado de pesca ilegal por Australia.