Hai 12 anos, dous terremotos sacudiron a localidade murciana de Lorca. Os terremotos deixaron máis de 300 feridos e 9 mortos e case o 85% dos edificios sufriron danos. Irene Valente e Álvaro Vega ofrecen un documental sonoro sobre o municipio de 2023.
Falan algúns dos seus veciños: Mary López, que perdeu unha perna naqueles terremotos; Balbina, que segue esperando a súa axuda ao alugueiro; Isabel Millán que tomou as rúas xunto aos seus alumnos tras quedar sen instituto; ou Mercedes que segue vivindo nunha da vivendas de chapa que se levanteron para pasar uns meses. Fala tamén Paco Jódar, entón alcalde; con Diego José Mateos, que entón era concelleiro na oposición; Conchi Canles, que era a responsable de voluntariado de Cruz Vermella en Murcia e Gloria Martín, concelleiro actualmente e unha das voces máis críticas coa xestión administrativa dos terremotos.