Regularización Ya xurdiu na pandemia. Conta co apoio de organizacións sindicais, académicas, empresariais, políticas e eclesiásticas e propúxose impulsar unha iniciativa lexislativa popular para sacar da exclusión social, económica e política a máis de 500.000 persoas agora en situación irregular. Moha Gerehou analiza de onde xorde este movemento, cales son as súas demandas e as consecuencias da falta de regularización para as miles de persoas migrantes que viven en España nun situación de desamparo institucional que lles impiden exercer os seus dereitos de acceso á sanidade, vivenda ou educación. Fala Edith Espinola, de orixe paraguaia e portavoz de Servizo Doméstico Activo; Lula Rodríguez Alarcón, presidenta da Fundación Por Causa e Ida Carruido, criminóloga e youtuber que axuda a miles de migrantes tras vivir varios anos en España de forma irregular.
(Fotografía: Carne Cruda/Olmo Calvo)