"Unha oda de amor aos libros, ás bibliotecas, ás lecturas e ás historias que sempre van facer falta". Así presenta Benito Olmo a súa recente novela, 'Tinta y fuego' na que penetra no mundo dos bibliófilos e os coleccionistas de libros e tamén no espolio de libros que os nazis fixeron en Europa. E entre todo isto, Greta, unha buscadora de libros valiosos ou raros. Esta nova, deostada recentemente entre a súa profesión, recibe un encargo que a pon fronte a ese espolio nazi. E aí arrinca o thriller colateral desta novela de narrativa áxil e absorvente ata a última páxina.
Foto: Javier Ocaña