Cara a cara #461: Laura Martínez-Belli e 'La mesa herida'

Radio
14 de abril 2024

Laura Martínez-Belli é escritora e súa novela máis recente é 'La mesa herida'.

Cara a cara #461: Laura Martínez-Belli e 'La mesa herida' /
Cara a cara #461: Laura Martínez-Belli e 'La mesa herida'
Cara a cara #461: Laura Martínez-Belli e 'La mesa herida'

'A mesa ferida' é a obra de maior tamaño de Frida Kalho. Desapareceu en 1955. En 2020 un mozo marchante galego afirmou que un dos seus clientes tiña ben gardado ese cadro e que o poñía á venda por unha cifra astronómica. Este último feito foi o detonante para que Laura Martínez-Belli comezase a investigar e dese lugar a unha novela que mestura ficción e realidade e que leva por título o nome desta obra pictórica, 'A mesa ferida'.

Unha obra que se enviou a Rusia onde non gustou porque lles parecía burguesa e elitista e por iso mantívose escondido ata a súa viaxe a Varsovia, onde se lle perde a pista. Un cadro que Kalho pintou na mesa sobre a que descubriu a infidelidade do seu marido Diego Rivera coa súa irmá Cristina. Olga é a outra protagonista da novela, unha muller que queda inexorablemente atrapada por este cadro, con todo o que supoñerá para a súa propia vida nunha Rusia e nunha Alemaña antes e despois do Muro de Berlín. 

Foto: PontevedraViva/ Isabel Wagemann