Cara a cara #460: Max García Conover

Radio
11 de abril 2024

Max García Conover, músico estadounidense. Grava na provincia de Pontevedra o seu próximo disco.

Cara a cara #460: Max García Conover /
Cara a cara #460: Max García Conover
Cara a cara #460: Max García Conover

músico Max García Conover visita por primeira vez Galicia. En Bandeira (Silleda), está a gravar o seu próximo álbum e aproveitará este traballo para ofrecer catro actuacións en acústico e indagar sobre as súas orixes galegas, pontevedresas para ser máis exactos. Ten editados dous elepés e un epé en colaboración coa cantautora de Maine (estado norteamericano onde el tamén vive), Haley Heyderickx.

Este próximo álbum que aínda non ten nome, soará diferente, "moito máis consistente" como define Max e as letras seguen sendo importantes no seu repertorio, falan de paternidade, de medioambiente, ou do medo que pode sentir o ser humano nesta segunda década do século XXI.  Tras o primeiro acústico en Vigo, este sábado 13 ás 12.00 horas estará en O Panderetas de Pontevedra e pola tarde en Ourense, para concluír esta breve xira o luns en Santiago.

Foto: Son Canciones