Os quefaceres profesionais de Fernando Salgado leváronlle a coñecer a Susi Maquieira fai uns quince anos. Ela, oriúnda de Cuntis, presidía unha asociación de inclusión social para persoas con algún tipo de discapacidade na comarca do Umia, pola que se interesou o xornalista afincado en Arousa. Desde novembro do pasado ano comparten promoción. A do libro que escribiu Fernando e no que fala de Susi, 'Que miras?'. Unha mirada á vivencia persoal e convivencia social coa acondroplasia, unha alteración no xene do crecemento.
Foto: Mónica Patxot