Cara a cara #453: Julio Novoa e seu elepé debut 'Rentrèe'

Radio
23 de marzo 2024
Actualizado: 27 de novembro

O pontevedrés Julio Novoa é libreiro de profesión e músico amateur.

Cara a cara #453: Julio Novoa e seu elepé debut 'Rentrèe' /
Cara a cara #453: Julio Novoa e seu elepé debut 'Rentrèe'
Cara a cara #453: Julio Novoa e seu elepé debut 'Rentrèe'

Espelita non ten significado, ou si porque xa é o nome do proxecto musical que lidera o pontevedrés Julio Novoa e ten xa publicado o seu primeiro elepé, 'Rentrée'. "Eu son libreiro e a rentrée é ese regreso, ese inicio do curso en setembro que conleva tamén a chegada de novidades tras o verán. Facíame graza ese xogo de chegar a un sitio no que non estaba, parecíame divertido". Dedicou tres anos a compoñer. Contou co apoio para este proceso creativo de Alejandro Galloso, Gallo, a quen se sumaron outros músicos.

 A gravación tamén foi en Estudo Bonobo. As voces son as de Julio e a da súa muller, Lucía Vieitez que tamén achega algunhas letras nas cancións do álbum. Musicalmente está influenciado polo do donosti sound'Rentrèe' está dispoñible nas principais plataformas dixitais e actualmente está a ultimar a edición física en formato cedé. O seguinte paso será a presentación en directo e xa nos avanzaba que espera que no verán poidan facelo.