Cara a cara #443: Pedro Feijoo e 'Ninguén contará a verdade'

Radio
13 de decembro 2023

Pedro Feijoo é escritor, autor de 'Niguén contará a verdade', Premio Xerais de Novela 2023.

Cara a cara #443: Pedro Feijoo e 'Ninguén contará a verdade' /
Cara a cara #443: Pedro Feijoo e 'Ninguén contará a verdade'
Cara a cara #443: Pedro Feijoo e 'Ninguén contará a verdade'

Unha xornalista é reclamada por un compañeiro para destapar un caso de corrupción política que afecta o presidente da Xunta. Unha longa listaxe de nomes cun nexo: a súa ambición desmedida por conseguir a súa parte como colaboradores co poder. Esta é unha breve sinopse do que hai dentro de 'Ninguén contará a verdade', o Premio Xerais de Novela 2023 que asina Pedro Feijoo. Unha novela negra?, novela política? non, a realidade da vida mesma

Durante case dous anos estivo a recompilar información e mantendo entrevistas. Hai quen lle cuestiona que os referentes reais da novela apenas estean disfrazados ou tamén que non chegase a darlles o seu verdadeiro nome. Unha das intencións da novela é incidir en "que nos afixemos a determinadas verdades falsas pero que nos resultan moi cómodas", por exemplo, que a corrupción sempre estivo aí. Publicou a súa primeira novela en 2011 e conseguiu ser un dos autores máis leidos de Galicia, algo que recibe "con moita vertixe, moita alegría e moitísimo agradecemento".