Marcos Martínez (voz e guitarra), Óscar Freire (guitarra), Daniel Abreu (bjao) e Sergio Abreu (batería) conforman desde comezos de 2020 a banda Mürt. Son vigueses e o seu espazo sonoro ten como referencias "grupos de comezos dos 2000 como The Strockes ou Arctic Monkeys" sinala Sergio Abreu con quen falamos. En 2022 autoeditaron 'Crowling society', un epé con tres temas. Este próximo venres 15 presentan o seu primeiro elepé, 'Walk into the mist'. Presentarán en directo este novo disco o día 22 de decembro na Fábrica de Chocolate de Vigo.
Cara a cara #442: Mürt, música underground desde Vigo
Radio
11
de decembro
2023
Actualizado:
27
de novembro
2024
Mürt é unha banda viguesa que fai música underground. Sergio Abreu é o seu baterista.
Máis novidades