En 1900 dúas nenas nacen na mesma noite e no mesmo lugar, o pazo Espírito Santo, provincia de Pontevedra. Unha é filla da señora da casa, dona Inés e a outra é filla da guardesa, Renata. Un acto de vinganza condicionará para sempre a vida das nenas e a das súas familias. Desde esta ficción comeza 'Las hijas de la criada' coa que a popular xornalista Sonsoles Ónega fíxose co Premio Planeta 2023. Unha ficción que se mestura con lugares, feitos e nomes propios extraídos da historia real das Rías Baixas. A eses cruces de camiños entre ficción e realidade, Sonsoles Ónega engade moitas emocións que tamén condicionan o devir da vida dos seus personaxes. Falamos coa escritora, a xornalista e filla de galego.
Cara a cara #436: Sonsoles Ónega e 'Las hijas de la criada'
Radio
19
de novembro
2023
Sonsoles Ónega, xornalista e autora de 'Las hijas de la criada'.
Máis novidades