Cara a cara #435: Pilar Amaro e '12+3. Una historia real'

Radio
15 de novembro 2023
Actualizado: 27 de novembro 2024

Pilar Amaro Cendón, directiva de AFAPO e autora de '12+3. Una historia real'.

Cara a cara #435: Pilar Amaro e '12+3. Una historia real' /
Cara a cara #435: Pilar Amaro e '12+3. Una historia real'
Cara a cara #435: Pilar Amaro e '12+3. Una historia real'

A pontevedresa Pili Amaro Cendón presentará '12+3. Unha historia real' este próximo venres 17 de novembro ás 19.30 horas na sede de Afundación de Pontevedra, (terceira planta). Charlamos con ela do que hai dentro destas páxinas, que é a súa experiencia. Este libro comezou cunha terapia persoal, para curar á coidadora que fora. 

Titula así porque "foron os anos que pasei ao coidado dos meus pais. Empezou en 2000 ata 2011, estes foron exclusivamente ao seu coidado; e os tres posteriores á súa morte nos que eu me ví coa dor da perda e o diagnóstico da enfermidade do coidador". Estando dedicada plenamente a atender aos seus pais implicouse na posta en marcha de AFAPO, a Asociación de Familiares de enfermos Alzheimer de Pontevedra. Outra das súas facetas é a de voluntaria como hospitalera e membro da directiva da Asociación Amigos do Camiño Portugués a Santiago.

Foto: Mónica Patxot