Cara a cara #434: Filippo Trojano, un romano en busca dunha misteriosa pontevedresa

Radio
10 de novembro 2023

Filippo Trojano é de Roma, de profesión actor e fotógrafo.

Cara a cara #434: Filippo Trojano, un romano en busca dunha misteriosa pontevedresa /
Cara a cara #434: Filippo Trojano, un romano en busca dunha misteriosa pontevedresa
Cara a cara #434: Filippo Trojano, un romano en busca dunha misteriosa pontevedresa

Que motiva a un cidadán de Roma a coller un avión para desprazarse pouco máis de 48 horas a Pontevedra en busca dunha muller da que ten unha fotografía tomada na década dos 60 e algúns datos profesionais? Eses motivos relátaos o seu protagonista,  Filippo Trojanoactor e fotógrafo.

Descoñece totalmente esta capital, pero sabe perfectamente por que veu aquí. Esta aventura ten como coprotagonista a unha muller, a que reflicte no cartel que colocou no centro urbano acompañado dun texto: "Son Filippo Trojano, fotógrafo de Roma e estou a tentar poñerme en contacto coa señora Carmen do Valle, restauradora, orixinaria de Pontevedra, que foi 'colega' do mesmo instituto de restauración de Roma que a miña nai, María Antonietta Gorini, nos anos 1960. Podes axudarme a atopar os seus datos de contacto? fotografia@filippotrojano.com".

Unha fotografía en branco e negro. A fotografía dunha muller sentada de perfil, nunha pose de recollemento. Igual que a muller do cadro de 'A Anunciación' de Caravaggio, pintado en 1608. Un lenzo no que a Virxe María recibe o anuncio do arcanxo San Gabriel de que vai ser a nai de Jesús... son moitas incógnitas que Filippo quere chegar a saber.

* Agradecementos a Francesco.... pola súa intervención como intérprete durante a conversación deste podcast.

Foto: Mónica Patxot