Este sábado 4 de novembro A Coruña acolle a cuarta edición do AI Song Contest. O Festival da Intelixencia Artificial aplicada á música. Falamos desta convocatoria, que pon a Galicia no foco mundial, con Joel Cava, produtor executivo e representante da delegación galega do evento. Este 2023 é primeira vez totalmente presencial. O motivo que teña lugar en Galicia é porque na pasada edición quedou en segundo lugar coa canción 'Ailalelo' do colectivo PAMP!. Para a presente edición repite PAMP! co tema 'Florespiña' interpretado por Ana Kiro. Quen non poida acudir presencialmente pode seguilo en streaming a través de RTVE Play ou pola canle oficial do festival.
Cara a cara #432: AI Contest Song
Radio
01
de novembro
2023
Joel Cava é productor executivo e representante da delegación galega do AI Contest Song.
Máis novidades