Cara a cara #430: Clara Monje e 'Los santos salvajes'

Radio
29 de outubro 2023
Actualizado: 27 de novembro 2024

Clara Monje, historiadora, xornalista e autora de 'Los santos salvajes'.

Cara a cara #430: Clara Monje e 'Los santos salvajes' /
Cara a cara #430: Clara Monje e 'Los santos salvajes'
Cara a cara #430: Clara Monje e 'Los santos salvajes'

historiadora e xornalista coruñesa Clara Monje trae a súa primeira novela, 'Los santos salvajes'. Título co que penetra nun subgénero do terror e o thriller: o folk horror. "Ten como característica que os acontecementos se producen en contornas rurais e envolve a unha comunidade que sostén rituais con contido pagán moi antigo que continúan de forma escura, solapada. Adoita ocorrer que vén unha persoa de fóra que sen querelo se entromete onde non debería e se encuetnra envolvido nestas crenzas que perviven e chéganlle a afectar de forma directa", explica.

Abrindo a novela hai un mapa antigo.. "Hai unha trama contemporánea e outra que se retrotrae ao século XVII e ambas se imbrican. Despois hai capítulos esparexidos por diferentes lugares da xeografía galega, pero sobre todo pola galicia interior e especialmente a Raia Seca e na Terra Chá". "O amor para contar historias" fai que tamén se coen os Irmáns Grimm en 'Los santos salvajes' e mesmo musicalmente alberga un gran universo de temas - que publicou cunha playlist en Spotify - e na que mostra ademais a súa devoción por David Bowie. Natalia Monje é colaboradora de Cuarto Milenio, para o que fai reportaxes relacionados coa historia de Galicia, "e encántame atopar o misterio na historia.