Cara a cara #426: Aprendendo pickleball con José Carlos Otero

Radio
12 de outubro 2023

José Carlos Otero López, presidente de APIGA, Asociación de Pickleball de Galicia.

Cara a cara #426: Aprendendo pickleball con José Carlos Otero /
Cara a cara #426: Aprendendo pickleball con José Carlos Otero
Cara a cara #426: Aprendendo pickleball con José Carlos Otero

Que ten o pickleball para que se diga que é o deporte de moda?, preguntamos a José Carlos Otero Lópezpresidente de APIGA, a Asociación de Pickleball de Galicia, creada hai aproximadamente un ano. Explica que é unha mestura de pádel, tenis e tenis de mesa con moitas vantaxes porque "non require dunhas instalacións xa que só precisa unha superficie chaira e dura e colocar unha rede", ademais, engade que a esixencia física é menor que nos anteriores e isto fai que sexa "inclusivo e interxeracional". Unha boa noticia para o pickleball español é que desde "fai dez días xa é un deporte federado"; por agora baixo o paraugas da Federación de Tenis e á espera de reunir o número de deportistas necesario para que se consiga unha federación propia.

En Pontevedra un par de entidades privadas xa habilitaron pistas nas súas instalacións deportivas para a práctica deste deporte. Tamén o Concello de Soutomaior xa dispón dunha pista de pickleball. Pioneiro é o caso do Colexio Sagrado Corazón de Praceres, en Marín, que conta tamén con pistas xa que o seu alumnado comezou a practicar esta disciplina deportiva desde a desescalada do confinamento.

Foto: Mónica Patxot