Cara a cara #425: Javier Pérez Campos e 'Immaturi'

Radio
14 de outubro 2023
Actualizado: 27 de novembro 2024

Javier Pérez Campos é xornalista e tamén escritor. Reporteiro do programa 'Cuarto milenio' e autor de 'Immaturi. Los inocentes'.

Cara a cara #425: Javier Pérez Campos e 'Immaturi' /
Cara a cara #425: Javier Pérez Campos e 'Immaturi'
Cara a cara #425: Javier Pérez Campos e 'Immaturi'

Javier Pérez Campos resultará coñecido aos lectores por ser reporteiro do programa de televisión 'Cuarto milenio' que dirixe Iker Jiménez. Acaba de publicar 'Immaturi. Los inocentes', un título que compendia testemuños e a súa propia experiencia ao investigar aparicións de pantasmas de nenos. É ao mesmo tempo unha viaxe do autor nun momento persoal clave: o de converterse en pai e os medos que xorden ao adquirir tal condición. O Camiño de Santiago, Vitoria, Mérida, Talavera la Real, París, Aceitunillas (Cáceres), Minas de Horcajo (Ciudad Real), Las Palmas de Gran Canaria... son algúns dos emprazamentos ata onde se foi desprazando Javier Pérez para documentar os correspondentes casos. 

Foto: Javier Ocaña